Visualizacións de páxina totais

luns, 19 de abril de 2021

GALICIA TEN MÁIS ÁRBORES SENLLEIRAS DAS QUE ESTÁN CATALOGADAS


 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-mezquita/2020/07/07/galicia-arboles-figuran-catalogo/00031594134949671444531.htm

martes, 13 de abril de 2021

Árbores senlleiras
































 

 Proxecto fin de Curso

Técnico Xestión Forestal e Conservación do Medio Natural

 

Ruta interpretada polas veiras do río Sar

 

 

 

LOCALIZACIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA

42.866948-8.541571




Darío Lado Vila 

Titora: Marina Engroba Sal

Centro Integrado de Formación Profesional Santiago




Curso: 2016-2018













I. INTRODUCIÓN


Este  proxecto, o máis ben chamado actividade, corresponde o Traballo Fin de Ciclo de Xestión Forestal e Conservación do Medio Natural, presentado por Darío Lado Vila baixo a dirección da profesora Marina Engroba Sal.


O que se pretende ver neste proxecto é a importancia de ensinar as cousas que rodean ao visitante.


 Nas súas visitas, pasan polos lugares mirando, pero non vendo a importancia do lugar ou as curiosidades que nel poida haber. Os detalles pasan desapercibidos, se alguén non  llos amosa, comenta ou indica sutilmente.


Para iso hai que coñecer o entorno no que se está, ou estudalo ben para poder mostrar calquera pequeno detalle que poida haber, que os hai, sempre rimando o recurso amosado e tendo como principal misión,  a súa conservación. 


O proxecto céntrase na contorna de Santiago de Compostela, máis concretamente no río Sar que cruza de Norte a Sur pola parte Leste a cidade. É este, un lugar de recente acondicionamento que continúa a ser mellorado, buscando darlle un maior impulso ao entorno natural da cidade. 


Na actualidade existe unha gran demanda  de zonas verdes en cidades grandes, tamén a cidade de Compostela, desfruta de un patrimonio natural e cultural moi importante, de aí a importancia da súa conservación. 


A zona na que se leva a cabo este proxecto, esta pensada como unha zoa de esparcemento deportivo, cultural e medio ambiental da cidade.


Neste proxecto tamén intentarase concienciar aos usuarios deste espazo,  da importancia dos ríos nos nosos días. 


A investigación, céntrase,  nos datos xa existentes que hai sobre a zona do río e outros que irei aportando ao longo do traballo, polos estudos feitos no lugar por min mesmo e como usuario do entorno. 


Obsérvase que este espazo, é usado como:

Espazo de esparexemento de deporte xa sexa andando correndo ou usando bicicleta.

Lugar de paseo e desfrute coas mascotas, cans, gatos.

Lugar de hortos urbáns que o concello destinou para o seu uso e goce de aqueles que así o desexen.


 Pero este traballo quere algo máis que iso, trata de que a xente que usa o espazo sexa consciente de por onde están pasando, saber a historia que saiban os entresoños que este lugar esconde.

II. XUSTIFICACIÓN


O principal motivo deste traballo é realizar o proxecto integrado, preciso para rematar o Ciclo Superior de Xestión Forestal e Conservación do Medio Natural. Falando co profesorado, fun aconsellado para que me centrase nalgunha cuestión que me gustase e chamase a miña atención, e debo dicir que a Educación Ambiental, con especial fincapé, na Interpretación do Patrimonio, é un tema moi importante para min e que creo que pode ser unha boa saída profesional, nunha cidade como Santiago, que é Patrimonio da Humanidade está rodeada dun medio natural, que debe ser coñecido e recoñecido pola xente local e os visitantes.


 Ademais, creo que é fundamental unha concienciación cara o medio natural, porque, del servímonos e dependemos, deste xeito considero que é moi importante facer o proxecto sobre a interpretación do medio natural. 


O que temos que ter en conta non é so o de ser respectuosos co medio ambiente senón tamén e levalo a cabo con ilusión e sen demora.

Ex:  Fai un día ou dous, fálovos do 16/06/2018 saíu unha proposta  unha rede social, una idea medio ambiental que poñía: “cando estees na praia este verán recolle 3 plásticos que encontres”. Seguro que todos compartiremos na rede, pero… Todos o faremos?, recolleremos os plásticos doutros? Isto é o que me refiro, todos temos na cabeza o de ser moi ecolóxicos e medio ambientalmente sostibles, pero, realmente somos activos?

Vendo a repercusión que ten na cidadanía a conservación de zonas verdes e contornas naturais etc., creo que esta, é unha boa maneira de facer chegar á poboación a importancia da interpretación do patrimonio natural, buscando a saúde do medio que nos rodea (CONSERVACIÓN DO RECURSO), e neste caso en concreto, ensinando a antiga cultura dos nosos ancestros para coñecer como usaban os recursos naturais para o seu desenvolvemento.


PALABRAS CLAVE: 

Interpretación do patrimonio

Acea

Anfibolita

Hidrónimo

III.OBXECTIVOS

OBXETIVO XERAL


Con esta actividade busco concienciar aos posibles participantes da importancia da auga nos tempos antigos onde non existía a electricidade ou onde era moi difícil que chegara, polas difíciles condicións de transporte ou tecnoloxía de entón.


OBXETIVOS CONCRETOS (DO PROXECTO)


Rematar o Ciclo Superior.

Buscar máis coñecementos sobre o medio

Intentar difundir a conservación dos recursos naturais e culturais.




IV. DEFINICIÓN DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO

O obxectivo dunha interpretación é o mellorar e enriquecer a experiencia do visitante, axudándoo a entender a importancia do sitio que están visitando e conectando estes significados as súas propias experiencias persoais.

Son moitas as definicións sobre Interpretación do Patrimonio, pero en xeral todas as definicións de interpretación, incluída a anterior, falan de que 

Son procesos comunicativos 

O seu fin é axudar ás persoas a establecer conexións emocionais e intelectuais co recurso que se está a interpretar.

Ser un eficaz instrumento de xestión

Estar dirixidas ao público xeral (incluídas as persoas con discapacidade)

Ser unha actividade libre e voluntaria.

Ter en conta o contexto recreativo no que se atopan os visitantes (tempo de lecer, vacacións...)

 Ser inspiradora, motivadora e provocativa.  

Estimular o uso dos sentidos

Ser suxerente e persuasiva

Estimular a participación activa.

Orientar e informar acerca de feitos concretos.

Estimular o sentido crítico.

Entregar unha mensaxe clara e breve

Revelar significados e interrelacións.

 Contribuír á concienciación cidadá.

Manter como meta, a conservación do patrimonio, obxecto da interpretación.


Unha das definicións de Interpretación do Patrimonio coa que estou máis de acordo é: 

“La interpretación se asocia, en general, con la práctica de la comunicación, pero poniendo el énfasis en el visitante, su disfrute, curiosidad,  despertando el compromiso, hacia la conservación del sitio que visita. En este sentido, la interpretación es tenida como un tipo especial de comunicación, relevante para el turismo así como para la conservación del patrimonio y su valorización”. ( Gianna, Moscardo 1998). 


O proxecto consistirá nunha Ruta Interpretativa polas Brañas de Sar, poñendo en valor a súa conservación, dándolle valor ao recurso e tratando de axustarse aos puntos e definición anterior. 

V. CONDICIONANTES

Son os que nos van a permitir determinar a matriz de potencial interpretativo do recurso escollido buscando os que nos permitan desenvolver a actividade interpretativa a realizar.

Estacionalidade: Un dos principais condicionantes para poder mostrar a ruta. A actividade pode ser realizada en calquera época do ano, tendo en conta que para que a xente participe, a meteoroloxía sexa favorable.

Pendente: este condicionante non é impedimento, xa que, transcorre por toda a ribeira do río sen apenas pendentes, aínda que se pode atopar algún tramo de pequenos desniveis sen máis importancia.

Paso: Os tramos son de paso público e están ben preparados, exceptuando na parada 2 no Muíño de Euxenia, que para poder visitalo faría falla un permiso dos herdeiros do mesmo. Agora mesmo está vaiado e o paso está pechado de maleza.

Posibles restricións: En principio e salvando a da parada 2 anteriormente nomeada que é de propiedade privada, o resto non deberían ter problema agás que haxa un corte puntual por mantemento ou por uso indebido da mesma ruta. O desgaste da mesma cas visitas non suporía un gran problema de alteración de medio natural xa que xa están feitos os sendeiros.

Topografía: Xa comentada no punto dous pendente a ruta é sobre unha superficie chan a veira do río. No programa utilizado, “Wikiloc”, os datos obtidos son de desnivel subindo 8m e desnivel baixando de 8m a unha altitude máxima de 212m.a.s.n.m. e unha altitude mínima de 197 m.a.s.n.m.

Dificultade: A dificultade da ruta é fácil segundo a estipulación de guías de montañas no que calquera pode facer a ruta estando en bo estado de saúde. A velocidade media de esta ruta é de 4km/h e unha duración aproximada de 1hora. Aínda que as persoas con diversidade funcional teñen zonas non preparadas para o acceso das súas cadeiras. Neste caso a ruta non sería válida a día de hoxe, pero poderíase adaptar facendo unha inversión tipo pasarelas para ese público.

Perigosidade: Non presenta máis perigosidade que unha actividade habitual agás polo tema de acceso a certas zonas onde habería que actuar con precaución para non tropezar a distinto ou ao mesmo nivel. 

 

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10    

Estacionalidade X    

Pendente X    

Accesibilidade ou paso X    

Topografía X    

Singularidade X    

Dificultade X    

Atractivo X    

Resistencia ao impacto X    

Afluencia actual de público X    

Dispoñibilidade de información X    

Facilidade de explicación X    

Seguridade X    

Facilidade de instalación X  


Lexislación: A lexislación aplicable na Comunidade Autónoma Galega neste caso concreto non existe como tal guías de espazos naturais. So está regulada a nivel autonómico a actividade de guía-interpretación polo lado de turismo, na Lei 7/2012 de 27 de outubro de turismo de Galicia, no Articulo 90 e ao ser termo municipal será preciso ter un permiso específico para percorrer as zonas sinaladas dentro do municipio, Articulo 5 competencias municipais da mesma Lei de turismo.

VI. DESCRIPCIÓN DA AUDIENCIA


 A audiencia desta ruta en concreto sería público cautivo de adolescentes dende 18 anos de idade ata xente de 99 que estivera en condicións de forma física adecuadas, as persoas con diversidade funcional teríamos que modificar un pouco a ruta, adaptar algunhas actividades ou facer pasarelas nalgún dos tramos que se visitan. Os coñecementos previos sería mellor que non coñeceran nada, xa que se lle aporta todo sobre o lugar que están a visitar. A lingua a utilizar sería principalmente o galego, sendo xente de Galicia, pero pódese explicar en Castelán e incluso o que saiba en Inglés. Tentar tamén levar un tradutor para xente que puidera ser xorda. Os grupos son recomendables pequenos non máis de 10 persoas que é o idóneo. A visita tería unha duración aproximada de 1hora, con 8 paradas. As expectativas inculcar o coñecemento do medio e os valores que ten, formalos en tema de educación ambiental. 

VII. MEDIOS INTERPRETATIVOS A UTILIZAR

Os itinerarios interpretativos son rutas ao longo das cales ó público recibe explicacións significativas e amenas acerca dos rasgos máis sobresaíntes do percorrido, as súas características e relacións mediante unha mensaxe entregada por un guía intérprete ou por medios non atendidos por persoal (folletos, paneis, etc...)

No caso deste proxecto, farase unha ruta guiada por un interprete. Nesta, non hai ningún cartel interpretativo. Considerase que debería haber un  cartel ao comezo da ruta que indicará os aspectos máis importantes da mesma.

 

FOTO SACADA DA APP WIKILOC

Plano de situación

Indicación da ruta: inicio-fin, percorrido, tempo, dificultade.

Cousas a ter en conta (lugares de parada, construcións, curiosidades…)

Fauna e flora que podemos atopar.


O custo medio da ruta estimado é de 5 euros/persoa, tendo en conta seguros, seguridade social do guía, desprazamento, estudio previo, custos de material utilizados.

Seguro Responsabilidade Civil: 300€ anuais

Seguridade Social autónomo: 180€ trimestrais

Desprazamentos a zona e traballo investigación: 100€ mensual

Materiais funxibles: 50€ semestrais.

Respectar a  Lei 7/2012 de 27 de outubro de turismo de Galicia Articulo 41, Réxime xeral de inicio da actividade turística.


As medidas de actuación e mantemento correrían a cargo do Concello de Santiago. 

A difusión da ruta sería o boca a boca e mediante páxina web ou similar.




VIII. PREVENCIÓN DE RISCOS CON ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE


Evitar as caídas ao mesmo ou distinto nivel (rochas, ocos no chan, raíces ou ca auga).

Poñer atención ao lugar por onde se camiña por si puidera haber algún desnivel ou buratos no chan.

Camiñar de vagar e pisar en lugares seguros cando o chan estea mollado ou sexa irregular.

Non correr.

Prohibido subir ás árbores, e saír dos sendeiros.

Cando o terreo sexa demasiado esvaradío, mollados, zonas de lameira e perigosos (días de xeadas) poderase tomar a decisión de non transitar por esas zonas mentres as condicións climatolóxicas sexan desfavorables.

Empregar sistemas de iluminación axeitados como unha lanterna cando se camiñe polo monte e pola beira dos ríos, cando a luz natural non sexa suficiente, cando se estea a facer de noite. (sempre mellor facela diúrna).

Prestar atención a onde se pisa ao camiñar polo monte, evitando os obstáculos, pedras, raíces das árbores, zonas esvaradías, zonas con musgo, ramas.

Sempre camiñar polas sendas ou camiños existentes segundo indique o guía.

Pisar firme sobre chan seguro.

Extremar as precaucións, especialmente nas marxes do río e regatos.

Ter ben amarradas as mascotas de levalas.

O guía estará capacitado con curso de primeiros auxilios.


Esta ruta está compartida con máis usuarios ao mesmo tempo, aínda que iso non é impedimento algún de facela ou compartila. 







IX. DEBILIDADES DA RUTA  E IMPACTO AMBIENTAL


Desenvolvemento urbanístico: Non está ameazado, pois está considerado zoa inundable polo cal non corre perigo de urbanizalo.


Gandería: A gandería é unha das actividades económicas que se desenvolveron no ámbito de actuación, agora en menor medida.


Perturbación humana: O entorno das Brañas sofre moita presión humana case todos os días, durante todo o ano. A concentración de persoas neste ámbito xera impactos negativos no medio, senón se empregan os sendeiros habilitados para o seu desfrute. O uso da mesma en grupos tan reducidos e espraiados seguramente no tempo non ten porque pasar factura no impacto da mesma, seguindo estritamente as normas do guía.


Procesos de Actuación: Os procesos de actuación teñen que ser moi pouco agresivos co medio xa que poderían facer un impacto negativo cara o mesmo, xa sendo perturbacións a fauna ou flora, incluso as limpezas.










X. DESENROLO DO  TRABALLO DE CAMPO


GUION RUTA INTERPRETADA  “AS OUTRAS BRAÑAS DO SAR”


1º- Recurso a interpretar

  A necesidade do “Coñecemento do Medio”, decidiuse escoller o parque “Brañas do Sar" para realizar a ruta interpretativa. Concretamente, traballarase sobre o tramo sur desta área, entre Ponte do Sar o Parque Eugenio Granell e o xa rematado  tramo do Banquete de Conxo.


Escolleuse esta zona por ser un entorno natural próximo e intimamente ligado á cidade. Preténdese que os visitantes sintan o espazo natural xunto con todos os seus elementos do patrimonio cultural, como algo ligado á súa vida, ó seu ser, espertando o sentimento de pertenza.


  2º- Obxectivos


 OBXECTIVOS CONCEPTUAIS 

 Dar a coñecer o lugar das Brañas de Sar de Santiago como eixo da economía da cidade.

 Dar a coñecer os procesos da evolución do lugar coa expansión da cidade de Santiago.

 Dar a coñecer a fauna e flora que habita no río Sar e na súa contorna, así como os distintos hábitats naturais de interese e a súa evolución.

 Dar a coñecer os elementos do patrimonio cultural ligados ó río.


OBXECTIVOS EMOCIONAIS 

 Reforzar os sinais de identidade dos alumnos e da poboación de Santiago de Compostela a través dos vínculos existentes no manexo dos recursos que nos ofrece un río, dende épocas pasadas ata os nosos días.

 Desenvolver un aprezo polos ríos urbáns, xa que trátase de elementos de gran valor paisaxístico e ecolóxico

Poñer en valor os elementos do patrimonio cultural que existen ligados ós naturais.


OBXECTIVOS ACTITUDINAIS 

 Respectar e conservar o patrimonio natural e cultural.

 Involucrarse na conservación pro activa das Brañas do Sar.

 

3º- O tema

“Dos elementos naturais das Brañas do Sar”.

 

 4º- O percorrido


 Presentación: “O río da vida”


O río Sar, nace ó Leste da cidade de Compostela, nas faldas do monte do Gozo e descorre por numerosas parroquias ata desembocar no río Ulla.


  Pode parecer un descoñecido, pero a verdade é que máis dun escritor lle dedicou un poema, un dos exemplos e o libro de poemas “En las orillas del Sar” que Rosalía de Castro escribiu. (1884) fai xa 134 anos.

Un manso río, una vereda estrecha,

un campo solitario y un pinar,

y el viejo puente rústico y sencillo

completando tan grata soledad.

(Estrofa poema Rosalía de Castro)


  Durante anos, o río e as brañas, constituíron un espazo cheo de vida. Un lugar de encontro para aqueles que ían simplemente a desfrutar do entorno, bañarse en lugares como vella Juana e o redondo, ou simplemente pasear. Tamén como lugar de encontro para aqueles que ían traballar, moer o millo nalgún dos numerosos muíños e maquías que se atopan ó longo do río, traballar as terras, que por aqueles anos abastecían á cidade de Santiago e que anos antes dependían do señor feudal...

En definitiva, o río Sar e as súas brañas, constituían unha parte fundamental na vida de Santiago.


  A ruta, que ten por título “Dos elementos naturais das Brañas do Sar”, pretende facer un percorrido polos elementos naturais, culturais e etnográficos vinculados ao río Sar e ás súas brañas. Todos eses elementos do patrimonio cultural ligados ao río,  estiveron fortemente ligados á vida cotiá no pasado e deben continuar no presente. 


O percorrido centrarase en catro subtemáticas: as áreas de actividade vinculadas ó río, a xestión da auga, o espazo agrario e a fauna e vexetación de ribeira.


 

Imaxe tomada do wikiloc a día 17/11/2018

 

Imaxe tomada do wikiloc a día 17/11/2018






Parada 1: Acea da Brañas de Sar, coma a necesidade agudiza o inxenio

(Entregamos bolsas de vasoira como actividade a realizar dende o principio de percorrido)

Dende sempre, a vida das mulleres e dos homes estivo vinculada á auga. Auga para beber, auga para traballar, auga para comer...De aí que moitos asentamentos medraran entorno a un río. Pero como case sempre ocorre, os recursos son limitados, facendo necesaria unha boa xestión dos mesmos.


 Isto foi o que pasou no río Sar e nas súas brañas. Co aumento da poboación, aumentaron as terras de cultivo, e consigo a demanda de recursos, e entrou en xogo o enxeño para xestionar a auga, entre outros, para levala alí onde este recurso fora preciso. Deseñáronse canles, presas e muros de contención.


  Un exemplo desta obra de enxeñería é a presa da Braña do Sar, a única que se conserva en todo o tramo do río que percorre as brañas. Antigamente había dúas máis. Unha delas estaría situada onde agora está o Multiusos Fonte do Sar. Daquelas o lugar coñecíase como “Vella Juana”. 

Acea de Sar

 Esta presa, servía para derivar auga á canle do muíño dos lavadoiros e formaba unha zona de baño “O Redondo”. A outra presa, río abaixo da ponte do Sar, servía tamén para derivar auga a muíños, neste caso o de Vilar e o de Miguel.


 A única presa que hoxe perdura, mide 6,40 m de longo por 8,90 m de ancho. A canle de entrada de auga, hoxe desmantelada, constaba de varios bloques de pedra, ademais de dúas pedras de granito cuadrangulares, que servían para poñer entre elas un sistema de comportas de 0,6 m por 0,7m. Está situada no tramo final do río, interposta no medio do río para desviar parte da auga e permitir a rega dos prados. Construíuse asentando grandes pezas de granito de forma transversal ó río, deixando unha canle de entrada cunhas comportas (na actualidade esta canle non perdura). Na saída da presa, pódese ver un lousado de anfibolitas (pedras de diferente composición) dispostas sen argamasa entre Acea de Sar

elas de forma que a rampla facilitaba o tránsito da auga.

Foto de propiedade de Darío Lado Tomada o día 17/11/18

 Pero como se dixo antes, as obras de enxeñería consistían tamén en canles. O enxeño dos composteláns, con boa fama de canteiros, fixo que para aproveitar da mellor forma posible a auga, construíran un entramado de canles que permitían o rego das diferentes parcelas ou que fornecían de auga ós muíños. 


Acea de Sar

As canles eran simplemente escavadas na terra ou canalizadas mediante laxas de xisto, anfibolita e granito. Moitas delas, tiñan forma de funil, sendo máis anchos na boca para recoller a auga do río e íanse estreitando a medida que se adentraban nas parcelas para regalas polo sistema de inundación. Hoxe en día, moitos destes sistemas aínda se conservan. Outras, surtían de auga ós muíños e ós lavadoiros e permitían ó mesmo tempo, a rega dos prados a través de regos de derivación de auga.


Ademais das canles e das presas, ó longo do río atópanse diferentes muros de contención, construídos para evitar que a corrente afectara ás ribeiras. Foron construídos con granito ou anfibolitas e tiñan lonxitudes de 5 a case 9 metros. Hoxe en día consérvanse, en mellor ou peor estado de conservación, catro deles.

Como actividade dar unhas bolsas de lixo dicindo que o mar comeza aquí. Facer reflexionar a todos da importancia de non tirar lixo ao río nin a ningures xa que acabará chegando ao mar.

Parada 2: O muíño de Eugenia de Brañas de Sar. Vivir e comer

Muíño-vivenda de propiedade privada dos cales 26m2 pertencen ao propio muíño e o resto a vivenda de corpos prismáticos construídos en cachotería con reforzos nas esquinas con elementos da arquitectura tradicional. Tamén se coñece co nome do muíño de Miguel que non é ben nomeado xa que o tal Miguel era o marido de Eugenia e supoñemos o que xestionaba o muíño naquel entón. Saber que tanto os muíños, fontes e lavadoiros antigamente eran zonas de actividade tanto económica como social cotiás. (facer fincapé niso)


Muíño de Eugenia

 

Foto www.compostelaverde.org


Como actividade, neste lugar, farase un pequeno coloquio do que se podía falar naquel entón. Chegaban de noite a moer o gran xa fose de trigo ou millo e esperaban a súa quenda, o ben se o muiñeiro estaba de boas e quería non facer esperar a xente dáballe do gran que xa tiña moído no muíño. Reflexión de coma cambiaron os tempos de antes cos de agora coas tecnoloxías. Sen luz eléctrica etc.


Parada 3: Muíño do Vilar, un lugar de para a vida social e económica


Un dos elementos naturais do Rio Sar e este Muíño do Vilar, que aínda que non o parece está feito eiqui con elementos de aquí. É un dos 6 muíños que lle dan vida ó Sar. Este en concreto é un muíño de cubo con planta rectangular, construído con bloques de anfibolita e pedra de granito nos esquinais como reforzo. 

 

Muíño do Vilar

Muíño do Vilar

Conserva unha bufarda de ventilación horizontal encima da boca do inferno ou desaugue. Na parte sur do muíño distínguense (non sei se verán) os restos dunha ponte que permitía o paso nesta zona de fácil inundación A canle (pola que viñemos) que alimenta o muíño mide uns 530 m de longo, discorre en paralelo do río alimentando en primeiro lugar a este muíño para pasar despois a mover as pedras do muíño de Miguel situado augas abaixo, para desembocar de novo no río cerca de Ponte Pedriña. Esta canle está escavada na terra e puntualmente cando se aproxima ós muíños, parece canalizarse mediante laxas de xisto. 













Fotos de propiedade de Darío Lado Tomadas o día 17/11/18



Outras zonas de actividade económica e vida social ligadas o río son as fontes e os lavadoiros como é o" Lavadoiro de Picaños" Sito máis ao norte de esta ruta.

Muíño de Vilar

(Non visitado nesta ruta)

Fonte de Picaños

 

Foto de propiedade de Darío Lado Tomada o día 17/11/18


Os lavadoiros, as fontes e sobre todo os muíños son testemuño vivo en pedra do que foron séculos da nosa historia agraria, practicamente de subsistencia, na que os muíños eran o termómetro que medían todo, dende as épocas de bonanza á pobreza das colleitas nun mal ano, ata o ocio dos xoves coma nós ou das vellas e vellos que contaban algún conto ou mesmo comentaban como lles fora a xornada do dia anterior, pasando polas relacións de poder e dominio do territorio dos señores feudais.


  Quen sabe a de foliadas e muiñeiras que argallaron aquí os veciños ou mesmo se estas paredes poden ser testemuño dalgunha estratexia do exercito de Napoleón, ou dos guerrilleiros que loitaban na súa contra, por que digo isto? máis adiante o saberedes.







Parada 4: A Ponte ríos e o bosque de galería, corredoiras para a fauna.


Os ríos son lugares de querenzas para as persoas e tamén para outras moitas especies animais e vexetais, vinculadas fortemente ós ambientes acuáticos.

 O primeiro que chama a atención nun río ben conservado, é a vexetación de ribeira. Como medra formando auténticas galerías sobre os ríos e regatos, dando sombra e axudando a manter a temperatura da auga, ademais de aportar materia alóctona e polo tanto surtindo gratuitamente, ou non, de nutrintes á auga, ademais de xogar un papel principal na estabilización das marxes do río, protexéndoas das escorrentas e retendo nutrintes.












Foto de propiedade de Darío Lado Tomada o día 17/11/18


Se un se fixa un pouco na vexetación, é curiosa, a “repetición” de especies arbóreas nas marxes dos ríos: freixos, amieiros, salgueiros. Os tres gardiáns sedentos que nos bosques de Galicia protexen os ríos. Estas especies arbóreas xunto con outras, conforman o bosque de galería, auténticos túneles de vexetación que serven de autopistas para merlos rieiros, lavandeiras, morcegos, entre outros; asegurándolles unha viaxe segura entre diferentes áreas de descanso, de caza, etc.


A prior, poderíase pensar que no río Sar solo hai plantas, pero cun pouco máis de tempo, comeza a ollarse toda a vida animal que hai no entorno. Dende as aves máis grandes como garzas ata outras máis pequenas como cardeais, merlos, paporroibos, carrizas, etc. Peixes, ras, sapos e algúns réptiles tamén se poden observar con tempo e paciencia.


 Tamén se poden observar, si sabes como mirar, outros animais, máis pequenos. Pero non hai que deixarse enganar polo seu tamaño, pois non son menos importantes, pois teñen unha función como bio-indicadores do bo estado das augas. Algúns deles son as libélulas, cabaliños, tricópteros... Pero moitas veces, aínda que saibas onde e como mirar, os animais non se deixan ver tan facilmente, de aí que un débase fixar en diferentes rastros como pegadas nas beiras dos ríos, deposicións, exuvias (cuberta de invertebrados)...que mostran a presenza daquelas especies “máis tímidas”. Se abres ben os ollos, e aprendes a mirar, verás un río cheo de vida.


Como actividade proponse estar 5 minutos en silencio para que os paxaros empecen a piar. Intentar conseguir que a xente poida relaxarse un intre para que aprecie os pequenos detalles da pequena natureza. Convivir con animais máis pequenos que tamén teñen a súa casa por onde nos pasamos.

 

Parada 5: As brañas e as leiras: un modo de vida

 

As brañas

 Braña é un hidrónimo (nome relacionado coa auga) que provén da raíz céltica “barc” ou “brac”, referíndose a un terreo húmido ou encharcado. As brañas son espazos deprimidos de substrato impermeable formados por sedimentos entupidos limosos, os cales poden estar ás beiras dun río, estando encharcados case permanentemente ou en gran parte do ano.

 As brañas de Sar, están situadas as beiras do río, son terreos encharcados ou parcialmente encharcados gran parte do ano, ou todo o ano (anos climatolóxicamente húmidos).


  As brañas teñen un importante valor ecolóxico, son humedais que albergan unha gran biodiversidade, ademais, os situados nas beiras dos ríos actúan como tapón en épocas de fortes choivas evitando que toda a auga vaia de golpe ao río provocando inundacións.


  As brañas de Sar aproveitábanse como pasteiros naturais, onde pacía o gando, tanto vacún como ovino e caprino. Hai rexistros bibliográficos, ademais da memoria dos veciños en xa épocas máis recentes, da existencia dunha importante gandería na zona. Os animais pacían todo o ano nas brañas cando o nivel de asolagamento da auga o permitía.



 O labradío

  Ademais das brañas, existían na zona brañas “artificiais”, nas que a través das presas e das canles regábanse as leiras por asolagamento. Empregábanse as mesmas canles que levaban a auga aos muíños ou mesmo canles exclusivas para a rega. Nestas zonas, regábase dende Xaneiro a Maio, cando se deixaba de regar para segala herba para almacenala seca. Estas fincas de pastos chamábanse lameiros. Como en outras zonas de Galicia, existían prazos e dereitos de rega, onde cada veciño tiña un determinado momento para desviar a auga da canle para a súa leira.



Brañas de Sar

 

Foto de propiedade de Darío Lado Tomada o día 17/11/18



As casas tiñan, e seguen a ter, un horto propio, no que auto abastecerse de produtos vexetais.

As terras de labradío situábanse arredor dos núcleos, nunha cota superior do fondo do río, son as chamadas agras, onde o terreo empregábase para o cultivo de cereais e vexetais, cultivando tanto no verán coma no inverno (millo e patacas no verán, e cereais de inverno). Construíanse terrazas para salvar o desnivel e cultivar esas terras, gracias a construción de muros de cachotería de contención, e así evitar cultivar nas zonas máis baixas propensas ao anegamento.


As terrazas e bancais que mellor se conservan hoxe en día son os de Picaños (que lembrábamos antes no lavadoiro). Grazas ás datacións radiocarbónicas que se fixeron en diversos estudios da zona, as terrazas das Brañas de Sar foron construídos durante o século V d.C., o cal da unha idea da temperana época de asentamento na zona e aproveitamento dos recursos.

 Hoxe en día aínda previren as pequenas leiras cultivadas de patacas, millo e produtos da horta para o autoconsumo.


Como actividade aquí sega herba a antiga usanza con unha gadaña manual, con coidado e dando unhas pequenas nocións o guía, para ver o traballo que pasaban antigamente para apañar comida para o gando.


Parada 6: Fonte dos capitáns: Os segredos que oculta


Na parada dos muíños falabamos algo das tropas de Napoleón, pois ben, contan que na Guerra da Independencia, no 1808 , as tropas de Napoleón estaban acuarteladas na Colexiata do Sar e saian a facer as súas correrías pola veciñanza. Facían un descanso nesta fonte e desaparecía o capitán. Estas desaparición debíanse a que os guerrilleiros emboscados nos soutos e fragas dos arredores secuestraban os altos mandos que se acercaban á fonte e de aí o seu topónimo.


Esta fonte encontrábase ubicada onde agora esta a estación do tren pero coas obras da estación trasladárona ata aquí. Durante este pequeno percorrido vimos como as Brañas do Sar lle deu vida a Compostela nas xuntanzas das mozas e mozos, de veciñas e veciños que pasaban o dia o carón deste río ben parase divertir, para traballar nas súas terras, para moer o seu gran para facelo pan ou simplemente para pasear e pasalo día.


Descubrimos toda a biodiversidade animal e vexetal que se podía atopar aquí naquela época e que hoxe en día inda pervive e depende da conservación das brañas e do río; fomos testemuñas dos misterios que lle acontecían as tropas de Napoleón e de como na actualidade os veciños de Santiago e nós lle volvemos a dar vida as Brañas do Sar para que non se queden no esquecemento. 


Así mesmo, a protección deste sistema natural é indispensable para o funcionamento do metabolismo urbano e para contribuír activamente ao mantemento da súa biodiversidade, xa que os ríos, como o Sar, constitúen auténticas canles da natureza na cidade. 

Polo tanto, as actuacións nesta contorna deben ser moi coidadosas, xa que a súa simplificación, ademais de supoñer unha diminución da biodiversidade pola destrución física que implicaría, podería orixinar a perda da súa calidade, a desaparición das tramas recoñecibles (nos camiños, no parcelario, nos peches, nas árbores de bordo, nos usos e hábitats históricos etc.), e tamén a desaparición dos estreitos e íntimos vínculos cuns asentamentos de fonda raizame histórica.



Antiga fonte dos capitans

Actual fonte dos capitans

  

Fotos sacadas de internet www.compostelaverde.org


Parada 7: parque de novo milenio Eugenio Granell e carballeira do paxonal.

Vendo  degradarse co paso da xente


Escritor e político cubano José Julián Martí Pérez por medio dunha escultura que anteriormente estaba situada na rotonda do Castiñeiriño. Esta peza atopábase en moi mal estado, polo que foi obxecto dun traballo de forxa e recuperación. Inaugurada neste sitio en 2.017. 

Sen parada. Saber dela que ten un perímetro medio de 1,7m e altura media de árbores da especie Quercus robur L. de 17m. e extensión de pouco máis de 1ha. As carballeiras tiñan unha gran importancia para o desenrolo da economía rural, xa que tradicionalmente foron unha importante fonte de recursos A madeira das árbores servía para construción, carpintería e ebanistería. Un bo exemplo deste uso sería que, debido á súa extraordinaria resistencia á humidade, tamén para abastecer as lareiras das casas e como alimento para persoas e ganado. sen parar.



Carballeira castiñeiño

 


Parada 8: Cenador do Banquete de Conxo: Como se fixo que a clase alta servira a clase baixa.

Parada final. Falar do que alí se rescatou no ano 2016-2017 despois de anos sen poder pasar uniron os parques de Granell con a fervenza de conxo nesa case inexistente carballeira onde o 2 de marzo do ano 1856 nun acto onde confraternizarían obreiros, artesáns e estudantes, no que nos estudantes, daquela clase social elevada, serven aos obreiros e artesáns como camareiros como símbolo de respecto e igualdade. O banquete continuou un xesto de índole socialista, o cal suscitou o enfado dos sectores máis poderosos de Santiago de Compostela.

Cenador do Banquete

  

CONCLUSIÓN:

Como conclusión e avaliación da experiencia, falar un pouco do percorrido que se fixo, dicindo se quedou algunha dúbida ou pregunta por facer, dar as avaliacións que máis abaixo se mostra. Falaríamos un pouco informal. E dar as Grazas con creatividade.

XI. RECURSOS


Dos recursos precisos para esta ruta serán por orde de preferencia:

Guía adecuado: Debe ser coñecedor da zona ou estar ben informado para unha boa interpretación.

Roupa técnica ou similar e calzado cómodo: Para non estar incómodos ou non padecer de lexións.

Mochila para papeis e diversos materiais de interpretación: Precisos para o desenvolvemento correcto da ruta interpretativa.

Material de papelería: : Precisos para o desenvolvemento correcto da ruta interpretativa.

Un cartel ilustrativo da ruta con interpretación: Resumir e ter informado a todo usuario.

Bolsas de lixo ,luvas, gadaña para as actividades: Lograr os obxectivos.

Un pequeno botiquín: Por se mancara ou houbera algún incidente de pequeno calibre.














5º.Avaliación.

 

Brañas do Sar Moi adecuado

  Adecuado

  Regular Malo    

Duración da actividade    

Dificultade do trazado    

Recursos naturais/culturais da ruta    

Tempo empregada en cada parada    

Contidos da ruta    

Información contada en cada parada    

Emocións que espertou en min    

Linguaxe empregada    

Actitude do guía Materiais empregados    

Que foi o que máis che gustou da actividade?    

Que foi o que menos che gustou?    

Que mellorarías?

   

Resume nunha frase cal foi para ti a idea principal da ruta.

 

XII. CONCLUSIÓNS.

Conclusións iniciais:

-As conclusións iniciais de momento con todo o que levo investigado e visitado chego a que este plan técnico ten moito traballo de despacho, chamadas e búsqueda en internet, que favorece moito a búsqueda de datos verídicos para contrastalos. En principio a actividade de educación ambiental e conservación do medio natural non me atraía moito, pero en canto sabemos algúns datos, parece ser que por pouco que se faga e se consiga, algo irá cambiando. É un traballo que se podería incluso aumentar ou dirixilo ata onde se quixera segundo a temática a levar a cabo.

Conclusións finais:

-Serán tomadas unha vez feita a ruta e os usuarios cubran a valoración.

XIII. BIBLIOGRAFÍA

-Apuntes TEA 2017.

-Web wikipedia recuperada parcialmente por Darío Lado a 19/06/2018

https://es.wikipedia.org/wiki/Interpretaci%C3%B3n_del_patrimonio

-Pdf de proyecto trabajo final Master de gestión cultural UOC-UIB-UDG de Antonio Zafra Romero. Consultado por Darío Lado a 19/06/18

http://openaccess.uoc.edu/webapps/o2/bitstream/10609/12203/1/azafrarTFM0212.pdf

-Web de colaboración de concello de Santiago de Compostela e empresa adxudicatoria de parques e xardíns ferrovial.

https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/

-Cervantesvirtual.com parcialmente por Darío Lado a 19/06/2018

http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/en-las-orillas-del-sar--0/html/fedc3584-82b1-11df-acc7-002185ce6064_2.html

parque fluvial de santiago org. parcialmente por Darío Lado a 17/11/2018

http://www.parquefluvialdesantiago.org/es/areas-de-actividad/

wikiloc app móvil. Usada habitualmente por usuarios. Enlace da conta. por Darío Lado a 17/11/2018

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/as-outras-branas-de-sar-30608846

Bens de Interese Cultural consultado parcialmente por Darío Lado o 10/12/2018

https://www.cultura.gal/gl/rexistro-bens-interese-cultural 

GALICIA TEN MÁIS ÁRBORES SENLLEIRAS DAS QUE ESTÁN CATALOGADAS  https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-mezquita/2020/07/07/galicia-a...